O frade das dúas almas

O frade das dúas almas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652109
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9865-210-9
Páginas:
226
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LETRAS GALEGAS

Descuento:

-5%

Antes:

19,00 €

Despues:

18,05 €
IVA incluido

Recuperación dunha das novelas que ía publicar a Editorial Nós de Anxel Casal, e finalmente quedou inédita debido á Guerra Civil.A novela O frade das dúas almas, que publica Editorial Galaxia na colección Letras Galegas, ía ser editada por Anxel Casal en Nós xusto cando comezou a sublevación do xeneral Franco contra a República. Pódese dicir, collendo emprestadas as verbas de Manuel Rivas, que a novela de Xosé Tobío Mayo é, daquela, un dos libros que "ardeu mal". Despois de 73 anos, e grazas á iniciativa do poeta Víctor Campio Pereira, testamentario literario do autor, a novela ve a luz nunha coidada edición a cargo de Teresa López e Xoán López Viñas, profesores  da Universidade da Coruña.Xosé Tobío Mayo é, na historia da literatura galega, o autor de Espiñas (1941), poemario publicado en Buenos Aires con cuberta de Castelao. A parte da súa personalidade literaria, hai que destacar en Xosé Tobío Mayo o compromiso social e político e unha traxectoria persoal que, máis aló do testemuño individual, representa a de moitos homes e mulleres da súa xeración, en certo sentido aínda pendente de ser integrada na nosa memoria colectiva.En 1936, cando O frade das dúas almas está pronta para a publicación, o seu autor ten 45 anos, trátase logo dunha obra de madureza. A novela xéstase na Galiza dos anos trinta, na Galiza de Anxel Casal, en cuxa editorial Nós estaba previsto que fose publicada.  Trátase dunha novela de iniciación ou aprendizaxe na que se narra a infancia do protagonista, Leliño, e dos seus compañeiros de estudos, Mingos e Manuel. As probas a que son sometidos, a súa iniciación amorosa, a crise vital que se manifesta como crise de fe, son algúns dos fitos desa aprendizaxe. Na novela ten unha importancia especial a cultura popular, das cantigas á literatura oral, e elementos doutros xéneros que contribúen á diversificación do seu discurso narrativo.

Materia en Librería-Papelería Itaca

  • Bichos y demás parientes -5%
    Titulo del libro
    Bichos y demás parientes
    Durrell, Gerald
    Alianza
    Segunda parte de la célebre trilogía de Corfú que se inicia con Mi familia y otros animales y concluye con E...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,95 €15,15 €

  • SANGRE DE HADA -5%
    Titulo del libro
    SANGRE DE HADA
    Hatt, Natalia
    Nova casa editorial
    No disponible

    11,00 €10,45 €

  • AUTOPISTA -5%
    Titulo del libro
    AUTOPISTA
    JAUME PÈRICH
    Critica
    Desaparecido prematuramente, Perich fue un humorista irreductible, negro, comprometido, genial, ácido siempre....
    No disponible

    5,95 €5,65 €

  • El hombre amado. Historias de un asesino. -5%
    Titulo del libro
    El hombre amado. Historias de un asesino.
    Rodríguez, Alejandro
    Babidi-bu
    Lo perturbador de la esencia de los más deseos primitivosDos detectives investigan los crímenes cometidos por...
    No disponible

    17,95 €17,05 €

  • Escenas de la vida bohemia -5%
    Titulo del libro
    Escenas de la vida bohemia
    Murger, Henry
    Alba
    La bohemia que nos presenta Henri Murger representa una concepción de la existencia alternativa a la mediocrid...
    No disponible

    22,00 €20,90 €

Galaxia en Librería-Papelería Itaca

  • Dende o Himalaia a Ceilán -5%
    Titulo del libro
    Dende o Himalaia a Ceilán
    Cabana, Darío Xohán
    Galaxia
    A India é máis ca un país, é todo un mundo. A cultura hindú, formada ao longo de tres mil anos, é tan ric...
    No disponible

    7,30 €6,94 €

  • O peto da risa -5%
    Titulo del libro
    O peto da risa
    Lozano, Eva
    Galaxia
    Dentro do peto da risa hai palabras. Nese peto teño os nomes dos meus amigos e das miñas amigas, pero tamén ...
    No disponible

    8,50 €8,08 €

  • As ás de Xenoveva -5%
    Titulo del libro
    As ás de Xenoveva
    Casal, Uxía
    Galaxia
    Xenoveva está farta de vivir na granxa. E unha galiña moi especial, porque ela quere ver o mundo. Un día, ca...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,00 €11,40 €

  • Narracións e outras prosas -5%
    Titulo del libro
    Narracións e outras prosas
    Castelao
    Galaxia
    No disponible

    5,70 €5,42 €

  • De roda en roda:musicas e danzas do mundo -5%
    Titulo del libro
    De roda en roda:musicas e danzas do mundo
    Cancelas, Suso
    Galaxia
    A vida é unha especie de danza?Neste libro, os autores, vencellados dende hai moitos anos ao mundo da danza po...
    No disponible

    25,70 €24,42 €