A casa dos encontros

A casa dos encontros

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482889511
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-8288-951-1
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
BIBLIOTECA COMPOSTELA/LITERARIA

Descuento:

-5%

Antes:

22,30 €

Despues:

21,19 €
IVA incluido
Comprar

Editorial Galaxia, en colaboracion coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, inicia con esta novela a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, na que se van publicar as novidades literarias máis salientables das literaturas europeas contemporáneas ao mesmo tempo que se publican no resto de Europa. A Biblioteca Compostela recrea dese xeito o símbolo da cidade de Santiago como porta de entrada da cultura europea en Galicia. Martin Amis conta en A casa dos  encontros o triángulo amoroso no que, ao longo de case unha década, se ven implicados unha rapaza xudía e dous irmáns recluídos nun campo de traballo preto do Círculo Polar Artico. Na Unión Soviética, a mediados do século XX, as mulleres chegaban a atravesar distancias tan  grandes coma continentes coa esperanza de pasar unha noite cos seus homes, confinados en campos de concentracion, os gulags. A cabana reservada para esas citas chamábanlle "a casa dos encontros". A través  dun dos seus protagonistas que, xa vello, lle conta á súa filla a historia daqueles anos terribles e inmisericordes, Amis recrea unha parte fundamental da recente historia europea nun tour de force no que  a voz do narrador acada a intensidade e a dureza dos acontecementos que narra. A obra narrativa de Amis retorna a unha das súas preocupacións centrais: a natureza da masculinidade e a relación entre  a sexualidade masculina e a violencia. A voz narradora de A casa dos encontros forza ao lector a tomar partido, a situarse perante o que a novela conta, a aceptalo ou a rexeitalo, co que a lectura se converte nun proceso aberto, de intercambio activo entre texto e lector. A descuberta dun territorio narrativo novo leva a Martin Amis a moverse con especial habilidade no cumio do oficio de escritor.

Otros libros del autor en Librería-Papelería Itaca

Materia en Librería-Papelería Itaca

Galaxia en Librería-Papelería Itaca

  • 900 -5%
    Titulo del libro
    900
    Nº 398
    López, Xabier
    Galaxia
    Premio Torrente Ballester 2018  Coa primeira metade do século XX como pano de fondo, 900 é unha des...
    No disponible

    22,00 €20,90 €

  • Poesía lírica galego-portuguesa -5%
    Titulo del libro
    Poesía lírica galego-portuguesa
    Tavani, Giuseppe
    Galaxia
    No disponible

    19,30 €18,34 €

  • Cartografías da narrativa galega contemporánea -5%
    Titulo del libro
    Cartografías da narrativa galega contemporánea
    Nº 103
    Núñez Sabarís, Xaquín
    Galaxia
    PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2019.  O thriller xacobeo, a novela policial e a narcoficción son os casos&nb...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,35 €16,48 €

  • Abrapalabra! -5%
    Titulo del libro
    Abrapalabra!
    Coira, Carlos;Cortizas, Antón
    Galaxia
    A lingua é máxica. As palabras lense de arriba a abaixo, de esquerda a  dereitaà e ata en diagonal! A que no...
    No disponible

    15,50 €14,73 €

  • O libro secreto da filosofía -5%
    Titulo del libro
    O libro secreto da filosofía
    Nº 174
    Carou, José
    Galaxia
    Atréveste a pensar Queres morrer de risa dando unha volta pola antiga Atenas con Sócrates, o home máis feo, ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,50 €14,73 €