A cociña de Larpeiros. 150 receitas

A cociña de Larpeiros. 150 receitas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652024
Año de edición:
Materia
GASTRONOMIA
ISBN:
978-84-9865-202-4
Páginas:
180
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
200
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

22,60 €

Despues:

21,47 €
IVA incluido

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro  A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o  barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os  sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os  receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis  que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do  Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas.
 Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da  Televisión de Galicia, "Larpeiros".

Otros libros del autor en Librería-Papelería Itaca

Materia en Librería-Papelería Itaca

  • El libro de la pasta
    Antiguo
    -5%
    Titulo del libro
    El libro de la pasta
    Nº 7200
    Gómez Borrero, Paloma
    Alianza editorial
    El libro de la pasta es algo más que una recopilación de 102 platos de  pasta y 50 formas de preparar la pizz...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    10,20 €9,69 €

  • Recetas de fiesta. Webos fritos -5%
    Titulo del libro
    Recetas de fiesta. Webos fritos
    Nº 00000
    Pérez, Susana / Cerezo,Jesús
    Aguilar
    Tener invitados en casa y sentarles a una buena mesa nunca ha sido tan  fácil. Webos Fritos te propone 63 rece...
    No disponible

    17,90 €17,01 €

  • COCINA VEGETARIANA PARA DUMMIES -5%
    Titulo del libro
    COCINA VEGETARIANA PARA DUMMIES
    LARAISON, EMILIE
    Ceac ediciones
    Colección de libros de cocina de 96 páginas con 40 recetas muy sencillas que se preparan con un máximo de 6 ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    6,95 €6,60 €

  • Vegetarianos con ciencia -5%
    Titulo del libro
    Vegetarianos con ciencia
    Martínez, Lucia
    Arcopress
    ¿Qué es exactamente ser vegetariano? ¿Y vegano o crudivegano? ¿Los vegetarianos tienen más anemia que los ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,95 €17,05 €

  • Cocina casera tailandesa -5%
    Titulo del libro
    Cocina casera tailandesa
    Souksisavanh, Orathay
    Cinco tintas
    Adéntrate en la cocina tailandesa auténtica y descubre 100 recetas sencillas, sorprendentes y con sabore...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días..)

    35,00 €33,25 €

Galaxia en Librería-Papelería Itaca

  • Guía de iniciación á natureza -5%
    Titulo del libro
    Guía de iniciación á natureza
    Moreiras Menor, Javier
    Galaxia
    Esta guía de Javier Moreiras Menor, ilustrada con fotos e debuxos explicativos, ofrece unha sinxela e amena in...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    3,00 €2,85 €

  • O Axolote e outros contos de bestas e auga -5%
    Titulo del libro
    O Axolote e outros contos de bestas e auga
    Nº 422
    Dopazo Ruibal, Lara
    Galaxia
    PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2020 Nestes relatos atoparás unha ducia de historias lostregantes que teñen&nbs...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,50 €14,73 €

  • A abella abesullona -5%
    Titulo del libro
    A abella abesullona
    Janeiro, Manuel
    Galaxia
    Un libro sobre unha abella disposta a pasar á historia a base de preguntar e preguntar e preguntar. Un becho f...
    No disponible

    9,85 €9,36 €

  • Faros de Galicia -5%
    Titulo del libro
    Faros de Galicia
    Pazos Pérez, Lino
    Galaxia
    Esta guía achéganos ós faros, elementos singulares e característicos dun país de costa coma o noso. Lino P...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,10 €21,00 €

  • Inimigos ás portas -5%
    Titulo del libro
    Inimigos ás portas
    Nº 129
    Alonso, Bieito
    Galaxia
    A historia de Frank López -Francisco López García (1885-1967), natural  de Bemantes, Miño- non é unha hist...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    24,15 €22,94 €