A memoria de Vilagarcía

A memoria de Vilagarcía

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820073
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-007-3
Páginas:
120
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ALBUM DE POSTAIS

Descuento:

-5%

Antes:

9,95 €

Despues:

9,45 €
IVA incluido

O presente volume, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle máis dun centenar de documentos gráficos, maiormente postais editadas no período de 1900 e 1936 , ademais de fotografías, mapas e marcas filatélicas, sobre a cidade de Vilagarcía. A partir de 1900 e ata aos tempos da IIª República dispoñemos de moi numerosas testemuñas gráficas que utilizan o novo soporte de comunicación gráfica daqueles tempos: a postal de correo. As temáticas presentan unha ampla recompilación do patrimonio monumental e das efemérides da vida urbana, principalmente nas categorías da vida comercial (mercados e transportes e pesca pola ría) e do vigoroso turismo do momento centrado no Balneario e nas praias.
 O presente volume demostra que a Vilagarcía daqueles tempos tiña un lugar preponderante nas grandes series de postais editadas en Madrid ou Barcelona; o gran esforzo de producción que neste eido fixeron fotógrafos e editores locais; así como tamén a importancia da cidade que se reflectía nas postais editadas por empresas de París, Irún ou Berlín. A orixe de todas estas pezas amosa a importancia do porto de Vilagarcía a principios do século XX, tanto para os barcos de pasaxe (inicio do turismo de "cruceiro") ou de emigrantes, así como a calidade de "porto refuxio" da ría de Arousa para as flotas de guerra (en particular da armada Inglesa).
 Iníciase o volume coa reproducción do "Plano da Ría de Arousa", realizado por Domingo Fontán en 1828, e coa reproducción dun gravado do palacio de Vista Alegre de 1879. Continúa cun texto literario, "Vilagarcía, eterna lembranza", onde o escritor vilagarcián Manuel Seixas, evoca a súa Vilagarcía antiga e sempre eterna na memoria, para  dar paso ao discurso gráfico. Dende as primeiras vistas xerais dende a ría ou dende Vista Alegre, o libro propón unha visita pola Vilagarcía tradicional: a casa do Concello e os xardíns de Ravella, a Alameda, a Porta do Sol...son espacios que se recuperan para a memoria  no presente volume.

Materia en Librería-Papelería Itaca

Xerais en Librería-Papelería Itaca

  • Matarán a Reboiras -5%
    Titulo del libro
    Matarán a Reboiras
    Rei Núñez, Luís
    Xerais
    No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Re...
    No disponible

    24,95 €23,70 €

  • Vista Chinesa -5%
    Titulo del libro
    Vista Chinesa
    Nº 03
    Salem Levi, Tatiana
    Xerais
    No ano 2014 percíbese no Río de Xaneiro a euforia pola inminente celebración do Mundial de Fútbol no Brasil...
    ¡Próximo lanzamiento! Disponible a partir de 18-09-2025

    16,50 €15,68 €

  • Nínive -5%
    Titulo del libro
    Nínive
    Pato, Chus
    Xerais
    Nínive é un libro atroz. Cando menos, esa foi a sensación que a autora  tivo: que tal atrocidade era a súa ...
    No disponible

    14,05 €13,35 €

  • Así é, se vos parece -5%
    Titulo del libro
    Así é, se vos parece
    Pirandello, Luigi
    Xerais
    No disponible

    6,45 €6,13 €

  • Xoel -5%
    Titulo del libro
    Xoel
    Simó, Isabel Clara
    Xerais
    Xoel é a historia do doroso proceso de maduración dun adolescente. A nai e o can de Xoel morreron o mesmo dí...
    No disponible

    12,00 €11,40 €