A voz das últimas cigarreiras coruñesas

A voz das últimas cigarreiras coruñesas. Lembranzas do tempo ido

Editorial:
Baia
EAN:
9788499953885
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-9995-388-5
Páginas:
176
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
Baía Ensaio

Descuento:

-5%

Antes:

31,80 €

Despues:

30,21 €
IVA incluido
Comprar

Darlles voz ás cigarreiras. Iso mesmo debeu pensar Emilia Pardo Bazán.  Darlles voz directa, non falar sobre elas ou por elas, senón que sexan elas as que falen por si mesmas. Nesta ocasión non puidemos ir á  Fábrica de Tabacos agora convertida en Audiencia Provincial pero buscamos lugar no que encontrarnos para falar con elas. Así, ao longo de horas de conversa con Pilar, Cani, Lolecha, Mariceli, Rosi, Elena, Camocha, Matucha, Elvira e Rosalía puidemos comprobar como pasados xa case 20 anos do peche da Palloza seguen emocionándose cando rememoran o seu paso polos diferentes talleres, as relacións cos xefes, as festas na fábrica, as dificultades para compaxinar traballo e familia... e, sobre todo, a dor e a tristura dos últimos días como cigarreiras. As entrevistas tratan de recoller as lembranzas de múltiples aspectos relacionados co seu traballo, pero tamén sobre ese sentimento que aínda manteñen de ser cigarreiras. Moitas das cuestións presentadas están precedidas por textos literarios a maioría de Pardo Bazán que serven para establecer similitudes, contrastes ou para evidenciar os profundos cambios que se produciron no traballo desas mulleres co paso  do tempo. Esta publicación ten como sentimento de partida algo similar ao que debeu de atraer a Pardo Bazán cando elixiu a Fábrica de Tabacos e as súas operarias para escribir La Tribuna. Esa fermosa novela dálle voz a un colectivo de mulleres que, malia a época na que foron retratadas,  xa se converteran en forza cívica que acabou por contribuír a darlle forma a idiosincrasia desta cidade. Ou aínda máis. Emilia Pardo Bazán detectou a fortaleza destas mulleres contribuíndo a poñelas no papel de protagonistas dos cambios sociais que daquela estaban a acontecer. En realidade, dona Emilia non fixo máis que actuar como testemuña (pioneira, perspicaz) dunha realidade que aínda non era recoñecida.

Otros libros del autor en Librería-Papelería Itaca

  • Mercedes Tella Comas (1868-1934) -5%
    Titulo del libro
    Mercedes Tella Comas (1868-1934)
    Romero Masiá, Ana
    Baia
    Mercedes Tella foi un referente destacado na vida da cidade durante o primeiro terzo do século XX e co seu tra...
    No disponible

    19,80 €18,81 €

  • María Barbeito -5%
    Titulo del libro
    María Barbeito
    Romero Masia, Ana María
    Baia
    María Barbeito precisaba dun estudo histórico-biográfico, un texto con  contexto, elaborado entre a historia...
    No disponible

    24,75 €23,51 €

Materia en Librería-Papelería Itaca

Baia en Librería-Papelería Itaca

  • A princesa perfecta -5%
    Titulo del libro
    A princesa perfecta
    Geury, Claudine
    Baia
    A mellor princesa serei e o premio Princesa Perfecta ganarei! Conseguirá María Coletas o gran premio? Descúb...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    18,65 €17,72 €

  • As mulleres nas Matemáticas -5%
    Titulo del libro
    As mulleres nas Matemáticas
    Ríos Fachal, Matilde
    Baia
    Este libro tenta achegar as mulleres e as Matemáticas a calquera que teña curiosidade, pero está especialmen...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,55 €15,72 €

  • O lume dos soños -5%
    Titulo del libro
    O lume dos soños
    Nº 1
    Ulloa, Cibran
    Baia
    Nesta obra o autor introdúcenos de cheo no mundo da fantasía, no que as casas se multiplican, as avoas crean ...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    10,40 €9,88 €

  • AUGA E LUME -5%
    Titulo del libro
    AUGA E LUME
    Tobaruela, Pere
    Baia
    Gañadora 'ex aequo' do VIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2018  Deva, a moza d...
    No disponible

    15,45 €14,68 €

  • A terra acatarrouse -5%
    Titulo del libro
    A terra acatarrouse
    Marie Galliez, Roxane
    Baia
    Despois da chuvia sempre sae o sol. Porque non sempre existen as palabras para abordar os temas sensibles. ...
    No disponible

    10,40 €9,88 €