As últimas galerías

As últimas galerías

Nº:
337
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498656190
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-619-0
Páginas:
404
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Descuento:

-5%

Antes:

18,50 €

Despues:

17,58 €
IVA incluido
Avisar disponibilidad

Despois de variadas incursións na literatura infantil e logo de publicar dous libros memorialísticos, o autor de Vento de sal dá ao prelo esta novela de evocación coa que pescuda nos enigmas do pasado que, como borranchos que van perdendo senso coa distancia, precisan volver a ser decodificados e rescatados desa liña de sombra na que aparentemente parece acabar por ensumirse toda existencia.
 Algunhas das mellores páxinas do Cáccamo prosista atópanse neste relato de ausencias recuperadas e presenzas que se perden nas galerías  últimas da vida. A capacidade descritiva, que no poeta é intuición para os símbolos, no narrador transfórmase en potencia para dramatizar  as situacións, para illar e extraer delas os elos da cadea argumental, a sintaxe narrativa dos momentos e das vivencias ancoradas  nun pasado que a memoria da anciá protagonista case non logra reter.
 O narrador, que simultaneamente é personaxe, debrúzase nas situacións,  pois para Cáccamo, coma para Jean-Paul Sartre, a novela é un teatro de situacións. O relato elabórase a partir dunha indeterminación radical da situación, xa que tanto en Sartre coma en Alvarez Cáccamo, os feitos son irredutibles mais non determinan a existencia. O paradoxo da liberdade, como escribe Sartre, é que "só hai liberdade nunha situación e só hai situación pola liberdade"; a situación caracterízase pola súa continxencia e pola súa ambigüidade. Ao depender da liberdade, a inserción do significado na existencia fai que esta deixe de ser un longo río tranquilo, pois a través do senso a  liberdade quere fixar unha relación co mundo que ha de ser necesariamente indeterminada para dar lugar ao porvir e para producir o mundo. Na novela de Alvarez Cáccamo, esa acción libre sobre o porvir  reconstrúese cara ao pasado, o significado é a verdade que se lles quere escapar entre os dedos aos personaxes e, se cadra, se a novela é  efectiva, tamén se lle ha escapar a quen le. Pois cómpre "conducira [...] vida por onde a levan as horas, sen proxecto, sen peso, sen medo".

Otros libros del autor en Librería-Papelería Itaca

Materia en Librería-Papelería Itaca

  • Casa sense amo -5%
    Titulo del libro
    Casa sense amo
    Heinrich Böll
    Edicions 62
    No disponible

    7,50 €7,13 €

  • VIAJE A LA GRECIA ANTIGUA -5%
    Titulo del libro
    VIAJE A LA GRECIA ANTIGUA
    BRANDI, CESARE
    Elba editorial
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    18,00 €17,10 €

  • ALMACEN DE LA HISTORIA,EL -5%
    Titulo del libro
    ALMACEN DE LA HISTORIA,EL
    ROMERO / SORIA
    Biblioteca nueva
    No disponible

    22,00 €20,90 €

  • Cuentos completos -5%
    Titulo del libro
    Cuentos completos
    Mansfield, Katherine
    Alba
    Los cuentos de Katherine Mansfield se sitúan en los albores de las nuevas formas literarias que habrían de na...
    No disponible

    33,00 €31,35 €

  • La España vacía -5%
    Titulo del libro
    La España vacía
    Nº 05
    Molino, Sergio del
    Debolsillo
    Un clásico de nuestra época, con nuevo prólogo y edición. «En el caso de Sergio del Molino y La España va...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €12,30 €

Galaxia en Librería-Papelería Itaca

  • Para que nos serve Galiza? -5%
    Titulo del libro
    Para que nos serve Galiza?
    Subiela, Xaime
    Galaxia
    Vai morrer Galiza? Sérvenos para algo o galeguismo? Ten sentido a nación galega na sociedade-rede? Pois despe...
    No disponible

    23,55 €22,37 €

  • O sexo masculino dos anxos -5%
    Titulo del libro
    O sexo masculino dos anxos
    Nº 321
    Janeiro Casal, Manuel
    Galaxia
    Esta é a historia de dous amigos na xuventude e na madurez, tan diferentes como parecidos, tan complementarios...
    No disponible

    19,40 €18,43 €

  • O misterio de Portomarín -5%
    Titulo del libro
    O misterio de Portomarín
    Nº 212
    Yáñez Rodríguez, Antía
    Galaxia
    Mais por unha serie de casualidades van ter que investigar un misterio  que todos coidaban esquecido... como a ...
    No disponible

    15,40 €14,63 €

  • Saloucos, 15 poetas da terra nai -5%
    Titulo del libro
    Saloucos, 15 poetas da terra nai
    López, Aurora;Luján, Teresa;Pociña, Andrés
    Galaxia
    Este libro, que se presenta nunha coidada edición de capa dura e que inclúe un CD, é unha escolma de canció...
    No disponible

    30,75 €29,21 €

  • No cadeixo -5%
    Titulo del libro
    No cadeixo
    Martín, Paco
    Galaxia
    Ten esta novela moito de poema. Escrita nun impecable galego de ben coñecido sabor popular, apenas conta nada....
    No disponible

    13,40 €12,73 €