ÁTLAS ARQUEOLÓXICO DA PAISAXE GALEGA

ÁTLAS ARQUEOLÓXICO DA PAISAXE GALEGA

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491210481
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9121-048-1
Páginas:
336
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

Descuento:

-5%

Antes:

46,95 €

Despues:

44,60 €
IVA incluido
Comprar

A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana, e non só diso que chamamos a Natureza.
 Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais  de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as  diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a  época medieval.
 O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes -ou ausentes- nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos, ou ben  se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamente as chamamos arqueolóxicas.
 A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial.
 Autoras e autores dos textos: Roberto Aboal, Xurxo Ayán Vila, David Barreiro, Paula Ballesteros-Arias, Manuela Costa-Casais, Pastor Fábrega-Álvarez, João Fonte, Camila Gianotti, A. César González-García, Alejandro Güimil Fariña, Elena Lima Olivera, Raquel López Noia, Patricia Mañana-Borrazás, Antonio Martínez-Cortizas, Matilde Millán e Manuel Santos-Estévez

Materia en Librería-Papelería Itaca

Xerais en Librería-Papelería Itaca

  • O CAMIÑO DA ESTADEA -5%
    Titulo del libro
    O CAMIÑO DA ESTADEA
    Nº 166
    CARIDE, RAMóN
    Xerais
    Unha videochamada ía mudar a vida de Said e Sheila para sempre. Levaban semanas sen intercambiar impresións d...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • Galicia, un mar con historia -5%
    Titulo del libro
    Galicia, un mar con historia
    Dubert, Isidro
    Xerais
    Galicia ten un mar con historia e unha historia con mar. O mar situou o país na cerna da historia europea e do...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,95 €21,80 €

  • Contos de maxia III -5%
    Titulo del libro
    Contos de maxia III
    Miranda, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €9,50 €

  • Rosalía de Castro -5%
    Titulo del libro
    Rosalía de Castro
    Pereira Bueno, Fernando
    Xerais
    Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía  de Castro e pertence a un xénero bi...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    25,95 €24,65 €

  • O bosque das antas -5%
    Titulo del libro
    O bosque das antas
    Fernández Naval, F. X.
    Xerais
    De entre todas as cidades galegas é Ourense aquela que foi máis intensamente 1iteraturizada. Desde A1varez de...
    No disponible

    20,50 €19,48 €