Descuento:
-5%Antes:
Despues:
22,37 €O gran coñecedor do mundo do libro que é Manuel Losa achéganos unha obra sobre a vida de catro galegos na diáspora, distintos entre si pero que teñen unha raÃz común. Dous deles, Crestar e Montoya, cunha vinculación moi importante cos centros culturais da súa época. Crestar, actuando ademais en forma destacada no aspecto polÃtico. Os outros dous, MartÃnez e GarcÃa, emigrantes cunha vida que xirou en torno ao mundo laboral. Dúas das historias contadas nestas páxinas, as de Isidoro GarcÃa e Eduardo MartÃnez, desenvólvense a partir da década de 1950. Pola súa banda, as outras dúas, as de Antón Crestar e José Lage, son de época anterior, o primeiro vinculado co galeguismo, tivo estreita relación con Castelao, Suárez Picallo, Xesús Canabal, Manuel Meilán, Lois TobÃo, Alfredo Somoza e outros destacados galeguistas e republicanos, e propiciou unha actividade intensa e de grande relevancia en tempos da Guerra Civil e a posguerra. Participando tamén, de forma sobranceira, na vida artÃstica, parte do libro céntrase na historia do bailarÃn Xosé Lage, coñecido polo seu nome artÃstico, Pepe Montoya.
A través das biografÃas de catro homes, o autor relata unha parte substancial desa epopea, do destino dos galegos que tiveron que procurar un paÃs de adopción na América do Sur. Velaquà a historia de Antón Crestar Faraldo, Xosé Lage Sierra "Pepe Montoya", Eduardo MartÃnez Filgueira "O Cañotas" e Isidoro Manuel GarcÃa GarcÃa