Eduardo Jorge Bosco

Eduardo Jorge Bosco. Poemas en lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826686
Año de edición:
Materia
POESIA
ISBN:
978-84-9782-668-6
Páginas:
240
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

18,00 €

Despues:

17,10 €
IVA incluido

Eduardo Jorge Bosco foi un importante escritor arxentino que morreu, case inédito, cando non cumprira 31 anos. Suicidouse, nas augas do Río  da Plata, o 30 de decembro de 1943. De 1939 a 1942 vive unha fonda paixón amorosa con Josefa Emilia Sabor (Pepita Sabor), hoxe unha autoridade no seu país en Bibliografía e disciplinas afíns. Pepita Sabor e Bosco coñecéronse e tratáronse na Facultade de Letras de Buenos Aires, onde se namoraron. Pepita, filla de pai galego nado en Vilanova de Arousa, chegara á Arxentina con menos de dous anos. Xa namoradas, Bosco, poeta case secreto, escribe, en idioma galego, Sete cancións entre o 7 e o 9 de agosto de 1939. A lingua galega aprendeuna  nos libros: nos de Rosalía de Castro, a quen admiraba; en dúas importantes antoloxías, e nos poemas galegos de García Lorca, escritor  do que era devoto. Non foi un exercicio literario máis ou menos retórico nun poeta tan responsable. Sen ser galego o seu idioma, as Sete cancións son un acto de entrega á paixón inspirada por Pepita Sabor. Nesa lingua, a namorada balbucira, na Ría de Arousa, as súas primeiras palabras. Ademais das Sete cancións, Bosco escribiu algúns outros versos dos que cómpre salientar un poemiña que lembra a un extraordinario poeta medieval noso, Pero Meogo. Con este poemario, Eduardo Jorge Bosco sitúase entre os mellores poetas alófonos de lingua galega, ese entrañable capítulo onde cantan fermosamente, entre  outros, un catalán (Carles Riba), un andaluz (Federico García Lorca) e unha estadounidense (Annie Marie Morris). A presente edición reproduce en edición facsimilar os poemas galegos de Bosco, tanto nos seus orixinais manuscritos como mecanoscritos, ademais dun extenso estudo do profesor Xesús Alonso Montero, sobre a figura do poéta alófono arxentino e da fortuna dos seus poemas galegos, e da reprodución de diversas fotografías «ad hoc» e cartas da  musa deste fermoso poemario. O volume foi subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Otros libros del autor en Librería-Papelería Itaca

  • EN TORNO A ROSALIA
    Antiguo
    -5%
    Titulo del libro
    EN TORNO A ROSALIA
    Nº 5
    ALONSO MONTERO, XESUS
    Ediciones jucar
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    15,85 €15,06 €

  • PALABRAS PARA O NOSO TEMPO -5%
    Titulo del libro
    PALABRAS PARA O NOSO TEMPO
    Nº amp;ensa
    Alonso Montero, Xesús
    Alvarellos editora
    Este volume é quizais unha das obras máis singulares da vizosa produción literaria de Xesús Alonso Montero....
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    23,50 €22,33 €

  • SOBRE AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS DA LINGUA GALEGA -5%
    Titulo del libro
    SOBRE AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS DA LINGUA GALEGA
    Alonso Montero, Xesús
    Fervenza
    No disponible

    13,00 €12,35 €

  • Pedro petouto -5%
    Titulo del libro
    Pedro petouto
    Alonso Montero, Xesús
    Xerais
    Este libriño editouse en volume no ano 1974, se ben boa parte dos capítulos desa primeira edición xa se publ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,95 €11,35 €

  • Decálogo da lingua galega -5%
    Titulo del libro
    Decálogo da lingua galega
    Alonso Montero, Xesús
    Cumio (descatalogados)
    No disponible

    8,00 €7,60 €

Materia en Librería-Papelería Itaca

Xerais en Librería-Papelería Itaca

  • Axenda dietario simil-pel -5%
    Titulo del libro
    Axenda dietario simil-pel
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    27,59 €26,21 €

  • A memoria de Santiago -5%
    Titulo del libro
    A memoria de Santiago
    Diaz Martinez, Carlos
    Xerais
    O conxunto das case duascentas postais circuladas que integran este álbum, pertencentes todas elas á colecci...
    No disponible

    82,40 €78,28 €

  • Caderno profesorado primaria -5%
    Titulo del libro
    Caderno profesorado primaria
     
    Xerais
    No disponible

    8,35 €7,93 €

  • A FURGONETA BRANCA -5%
    Titulo del libro
    A FURGONETA BRANCA
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Cada mañá a mesma cantilena. Pedro pega o seu nariz á ventá mentres agarda pola chegada da furgoneta branca...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,95 €16,10 €

  • Bosque das antas, o -5%
    Titulo del libro
    Bosque das antas, o
    Fernández Naval, Francisco Xosé
    Xerais
    No disponible

    11,25 €10,69 €