Guitián Rivera, Javier;Guitián Rivera, LuÃs;MartÃnez Villar, José LuÃs
Descuento:
-5%Antes:
Despues:
2,85 €A través de 22 rutas excepcionais, con valiosÃsima documentación, e da man dun grupo de naturalistas expertos no Courel, o viaxeiro ou viaxeira ten a oportunidade de percorrer con comodidade e información de primeira man as paisaxes desta serra, o corazón natural de Galicia. Dando a coñecer lugares que hoxe poderÃan ser modelo de xestión do medio natural e descubrÃndolle ao viaxeiro a súa vexetación, os mellores bosques do paÃs, as especies ameazadas e, en definitiva, a beleza e autenticidade dunha paisaxe sobre a que se fundamenta o turismo rural, Javier Guitián, LuÃs Guitián e José L. MartÃnez Villar trazan nesta guÃa un mapa imprescindible para quen queira adentrarse nos segredos do Courel desde o respecto ao medio ambiente. A ruta das devesas, Froxán, o Val de Moreda, a ruta de Parada (terra de UxÃo Novoneyra e MarÃa Mariño), de Seoane a Folgoso, Vilamor, a Devesa da Rogueira, o Val de Visuña... son algunhas das citas que esperan polo viaxeiro ou viaxeira con ganas de pasear por rutas sobre as que se vai proporcionando información e datos prácticos que indican a dificultade, a comida, o baño, a cartografÃa, os hábitats, a botánica, etc. E todo acompañado de mapas, fotografÃas e abundante información práctica.