O espido de Gina

O espido de Gina

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498655353
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9865-535-3
Páginas:
196
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Descuento:

-5%

Antes:

19,40 €

Despues:

18,43 €
IVA incluido
Avisar disponibilidad

Recordos de infancia, de mocidade e de madureza, nutridos na inmensidade da sala escura mentres a pantalla nos amosaba secuencias inesquecibles, personaxes memorables, tramas asombrosas... Mudaron os vellos cines, de olores singulares, de carteleiras coloreadas, de programa dobre e sesión continua, de cine dominical e festivo. Pero non mudou a capacidade do cine de provocar emocións.
 En O espido de Gina, Miguel Anxo Fernández, escritor e cinéfilo, sérvenos un cóctel peculiar no que, usando dunha voz en off coma a de Fernando Rey en Bienvenido Mr. Marshall, un xornalista da ben identificable vila galega de Valdesantos, relata unha crónica na que se pode rastrexar o misterioso motorista de Amarcord, a mala relación entre o proxeccionista Alfredo e o crego Adelfio en Cinema Paradiso e o proxeccionista Luigi e o exhibidor Jordan en Splendor.
 Atilano, don Nemesio, Manfredo, Valboa, Lambón, Mariví e o peculiar taberneiro Dousreás, forman o universo de Valdesantos, que ve alterada  a súa paz de vila galega da década de 1960 cando os do cine Central anuncian a proxección da película Espida fronte ao mundo, protagonizada por Gina Lollobrigida. Ademais, a novela achega un retrato sociolóxico dunha época onde unha boa maneira de fuxir da intolerancia, do conformismo, da rutina e dos "25 anos de Paz" da propaganda oficial, eran as películas do Central e a televisión en branco e negro do café Moderno.

Otros libros del autor en Librería-Papelería Itaca

  • Lume de cobiza -5%
    Titulo del libro
    Lume de cobiza
    Fernández Fernández, Miguel Anxo
    Galaxia
    Logo da súa peripecia de sabuxos nos depravados ambientes de Hollywood, Frank Soutelo regresa para afrontar o ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,50 €20,43 €

  • Blues para Moraima -5%
    Titulo del libro
    Blues para Moraima
    Nº 359
    Fernández, Miguel Anxo
    Galaxia
    Un cineasta exiliado decide retornar ao país décadas despois de salvar  a vida tras unha fuxida á desesperad...
    No disponible

    21,00 €19,95 €

  • Bícame, Frank -5%
    Titulo del libro
    Bícame, Frank
    Nº 316
    Fernández, Miguel Anxo
    Galaxia
    Frank Soutelo continúa en Galicia e agora está indignado. Todo comeza co roubo do manuscrito de "Vento mareir...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,50 €20,43 €

  • UN NICHO PARA MARILYN -5%
    Titulo del libro
    UN NICHO PARA MARILYN
    Fernández, Miguel Anxo
    Rosetta
    Frank Soutelo es un peculiar detective privado, hijo de inmigrantes gallegos, con oficina en Los Ángeles, Cali...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días..)

    14,00 €13,30 €

  • A conxura do sete -5%
    Titulo del libro
    A conxura do sete
    Nº 466
    Fernández, Miguel Anxo
    Galaxia
    O detective Frank Soutelo, acompañado do estricado funerario Sugar Jones, regresa a Galicia a petición da inv...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,10 €21,00 €

Materia en Librería-Papelería Itaca

Galaxia en Librería-Papelería Itaca