TONAS DE LARANXA

TONAS DE LARANXA

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499144399
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9914-439-9
Páginas:
168
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
155
Alto:
230
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
NARRATIVA

Descuento:

-5%

Antes:

19,95 €

Despues:

18,95 €
IVA incluido
Comprar

" Tonas de laranxa " , a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un «acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora». Construíndo un espazo imaxinario e marabilloso, a novela, escrita a dúas mans por María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo  Baleirón, filla e pai, narra o que sucede nese espazo, chamado Moreira, no que se van tecendo as vidas, por veces insólitas, de moitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables, que se acomodan na  imaxinación dos lectores e lectoras e estimulan os nosos sentidos para crear unha atmosfera intemporal, sutil e poderosa ao tempo. A través de Uxío Oliveira, da súa cativadora avoa Aurora dos Santos, do inmigrante Amir Alfarat e da súa filla Oriana, do misteriosamente desaparecido Amaro e da curiosa peixeira Sofía Costa, e de tantos outros personaxes, os autores constrúen unha fabulación extraordinaria, que debulla os pequenos feitos que suceden na vila de Moreira. " Tonas de laranxa " bota man dunha linguaxe enormemente rica e fluída, evocadora. O resultado é unha novela de engaiolante beleza e musicalidade. O tratamento do tempo e a importancia dos reloxos dota a novela, paradoxalmente, dunha estraña e  doce sensación de atemporalidade, empuxando á pracidez, á beleza e ao  preciosismo.

Materia en Librería-Papelería Itaca

Xerais en Librería-Papelería Itaca

  • O carpín suicida -5%
    Titulo del libro
    O carpín suicida
    Landa, Mariasun
    Xerais
    Augusto, un vello carpín que leva unha vida tranquila nun dos pés do carteiro Plinio, guíndase á rúa dende...
    No disponible

    8,50 €8,08 €

  • As mulleres que cultivaban néboas -5%
    Titulo del libro
    As mulleres que cultivaban néboas
    Gregores, Bea
    Xerais
    Mamá é unha muller forte. Papá é un home estraño. Cando chega, todo se  tingue dunha mancha escura, e da s...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,95 €16,10 €

  • As florestas do Mañuema -5%
    Titulo del libro
    As florestas do Mañuema
    Martínez Oca, Xosé Manuel
    Xerais
    No disponible

    12,25 €11,64 €

  • Derradeira escolma ferida -5%
    Titulo del libro
    Derradeira escolma ferida
    Lueiro Rey, Manuel
    Xerais
    Derradeira escolma ferida (de onte, de hoxe, de mañán) supón a derradeira achega poética do prolífico e co...
    No disponible

    21,95 €20,85 €

  • A materialidade das fillas de Lupa -5%
    Titulo del libro
    A materialidade das fillas de Lupa
    Otero, Inma
    Xerais
    Nos últimos anos constátase un incremento das narracións que se centran no devir dos personaxes e, sobre tod...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,95 €19,90 €